NOTICIAS

Evento Galicia Industria 4.0 – Agenda de Competitividad Industrial

En este evento, ha participado uno de nuestros clientes de referencia en el sector aeronáutico

Galicia está a apostar por renovar a súa industria implantando a chamada Industria 4.0, que ten no seu centro á fábrica intelixente.

Trátase dunha factoría na que:

  • robots e humanos traballan xuntos en ámbitos completamente conectados
  • a produción en masa deixa paso á produción ultrapersonalizada
  • a propia fábrica é capaz de xestionar de forma automática e sustentable non só a produción, senón a compra de enerxía
  • a loxística pasa a ser ultraeficient
  • e impúlsase a creación de emprego cualificado en ámbitos ligados ás TIC

A Xunta tense aliado con rexións europeas punteiras neste eido, integradas na Vanguard Initiative, como Lombardía, Baden-Württemberg ou Cataluña, e porá en marcha proxectos piloto conxuntos neste ámbito. Pero a estratexia galega principal para facer fronte a este desafío é a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

Esta iniciativa persegue incrementar o peso da industria no PIB en 6,5 puntos ata acadar o 20{b311b7f6719ee489b7cf83a9f85b78f8e14e105689d320ccab335036d7c42c78} no ano 2020, creando 50.000 novos empregos de calidade durante este período. Unha das primeiras iniciativas enmarcadas na Axenda é o polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados, e conta con ducias de medidas destinadas a reinventar a industria galega, como programas e axudas específicas para implantar a fábrica intelixente no tecido industrial galego, que se activarán proximamente.

  • Organización/s: Consellería de Economía e Industria
  • Tema/s: Industria; Competitividade e cooperación empresarial
  • Colectivo/s: Empresa
  • Feitos vitais: Innovar